RUADA POLAS RÚAS DE FERROL

18 de dez. de 2010

A Plataforma de Ferrolterra a prol da mellora da infraestrutura e dos servizos ferroviarios valora moi positivamente o acto que tivo lugar esta mañá polas rúas de Ferrol. Este acto reivindicativo tiña como obxectivo chamar a atención sobre a situación crítica do traxecto ferroviario entre Ferrol e A Coruña e  defender o mantemento deste servizo ferroviario.

Tras a concentración na estación de ferrocarril de Ferrol co obxecto de recibir aos participantes na viaxe reivindicativa, que convocados polo BNG de A Coruña, partiron desde a cidade de A Coruña, recollendo viaxeiros/as nas estacións intermedias,iniciouse unha rondalla polas rúas de Ferrol co obxecto de denunciar o estado de abandono desta vía férrea nos Planos do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galiza.

O Manifesto reivindicativo lido na Praza de Armas de Ferrol alertaba do risco existente da desaparición deste liña ferrea e centraba as súas demandas na necesidade de:

A publicación do estudo informativo para a modernización do trazado ferroviario entre Ferrol e A Coruña.

A construción dun By-pass en Betanzos-Infesta para acurtar os tempos de viaxe entre Ferrol e A Coruña por debaixo dunha hora.
Pedir o aumento do número de Servizos a Coruña posibilitando conexións con destino ao resto do Eixo Atlántico, a Lugo e Ourense, e a dotación de material rodante igual que o do resto do Eixo Atlántico.